miércoles 24 de junio de 2009

Dando outra volta....

De todos é sabido o que está a acontecer co idioma galego (enquisa aos pais con nenos en idade escolar, elexir o idioma nas oposicións,...) hai compañeiros que tratan o tema coma José Luis Prieto ou Andrea Fernández,... hainos que defenden que non se pode cortar o acceso á función pública de xente con suficientes méritos (¿¿??) polo feito de non saber o galego con bon nivel.
Ben, seguiremos remexendo e non deixaremos calla-lo queixo.
Esta xente (a nova Xunta e os seus seguidores) non pode esperar máis, non poden deixar emerxer á intelixencia que se desenrola no pobo galego, que coma galego exprésase mellor en galego, unha inmensa maioría (fillos e netos da sociedade) que ademáis é respetuosa coa xente que fala en castelán ou se me apurades en outro idioma, e que é capaz de cambiar de rexistro sin ningún problema nin trauma para poder entenderse co de enfrente.
Simplemente é cuestión de educación, de enriquecimento cultural; que non interesa ás élites.
Eu son galegofalante, e atópome con xente coa que manteño diálogos bilingües, e non temos problemas. Só rabeo cando non atopo a palabra adecuada para expresar un concepto, pero eso só é unha eiva miña que tento arranxar tirando de diccionario e lectura. Cando o caso é que o interlocutor non entende o galego pasamos a falar na lingua na que nos entendamos, coma se é en inglés.
Quero imaxinar que si algún profesional quere vir a opositar a Galicia ven aquí por todo un pouco: por un posto de traballo, por un prestixio, polo clima, pola xente, pola comida, polo ritmo de vida,...polo que se queira. E vai a facer o posible por integrarse na sociedade.
Como dí José Luis Prieto de que o perigro está en que esto derive en que uns poucos queiran apartar a unha maioría e se produza un apartheid, eu non o creo, o galego é moi intelixente, e canto máis lle ensinen mellor.
Coma decía e dí un compañeiro: "...deixade correr ao cabalo...".

Etiquetas:

viernes 19 de junio de 2009

Outra vez, ¿ata cando?


¿Ata cando?, ata cando a cidadanía queira.

Un abrazo forte para a familia e ánimo nestes intres.


A primeira na testa

A primeira na testa, eso é o que está a facer a Consellería de Educación da Xunta de Galicia de D. Alberto Núñez Fejóo , de comenzo non hai gratuitidade para os libros de texto. E polo que sigo a escoitar posiblemente caerán outros dereitos conseguidos ata o de agora coma son os coidadores no transporte escolar e mais nos comedores,... ¿serán capaces?, ¿quen llelo vai a impedir?.
É demagóxico que se tente camuflar o feito decindo que aos "ricos" non teñen por que pagarlle-los libros de texto, uff... a educación ten que ser universal e de calidade.
Pero xa antes diran anuncios, uns que se formalizaron coma a famosa enquisa sobre o uso do galego, que leva implícito que o fracaso escolar é por que os rapaces aprenden en galego, non é por qué non estudan. E outros que irán para adiante coma a reagrupación de aulas, senón tempo ao tempo.
Eu estudei o galego e en galego dende os 6 anos (teño 41) na escola, no instituto e na facultade, e nunca lle poiden votar a culpa por suspender tres convocatorias de Patoloxía Médica, só pasei a convocatoria cando metín nos meus miolos a materia de exame.
O mellor é decir que a culpa é dos demáis. ¡¡Qué maneira de enredar á sociedade!!
P.D.: "Non querías caldo, ahí tes dúas cuncas". ¡¡Habemos ficar cheos.!!!

Etiquetas:

domingo 7 de junio de 2009

A POLITICA e a política

Disque o sistema máis simple é o binario: si-non, 0-1.
Persoeiros, para min de relevancia, como son o Premio Nobel de Literatura José Saramago e o ex-presidente do Goberno de España Felipe González, escriben cada un o seu artigo no diario El País facendo referencia a persoeiros de actualidade na política. José Saramago escribe "La cosa Berlusconi" e Felipe Gonzalez "Obama en el Cairo: ¿sólo palabras?". Dous puntos de vista que veñen a decir que hai POLITICA e política, que define ben ás claras o que poder ser esto da política: un instrumento para uso particular ou un instrumento para artellar o futuro da sociedade.
Eu sempre fun dos que creían e cren que a POLÍTICA é necesaria e que aínda que agora lle chamamos así sempre estivo presente na sociedade, e esta sociedade evolucionou e fóronse creando novos órganos de participación, dende a antigüidade: os exipcios, o modelo grego ou romano os máis coñecidos (aínda agora se fala do dereito romano) e tamén outros como os suevos do que aínda temos reminiscencias como é o sistema de propiedade dos montes comunais que aínda rixe nalgúns lugares de Galicia; é decir que dende sempre os políticos fixeron políticas que decidiron o futuro, e aqueles políticos que fixeron POLÍTICA entraron na Historia, e para apreciar os feitos hai que ter unha perspectiva no tempo.
Mais nalgúns casos non hai que esperar tanto.
Como digo as cousas pódense facer ben ou mal, o inconvinte é que é unha ecuación de moitas variables, na que hai dúas que nunca poden faltar e que deben ser propias do político: SERVICIO ao POBO e EDUCACIÓN. As outras son dependentes da CIDADANÍA, que á súa vez ríxense por outros criterios, e que en moitos temas e ocasións están manipulados.
Só voto en falta a posibilidade de poder dialogar e contrastar ideas. Hai programas-tertulias nos que quenes dialogan non son os políticos senón analistas, que opinan uns máis a fondo e outros máis pola tona, pero que en definitiva non son políticos e non van a ser eles os que leven a cabo as políticas. Hai programas radiofónicos e televisivos que tentaron confrontar ideas entre os distintos grupos políticos, que fixeron de xanela para meter aire fresco na cidadanía, o meu temor é de si seguirán emitíndose; a nivel estatal imaxino que o programa 59 segundos seguirá, pero a nivel autonómico o programa Hai debate, seguirá, volverase descafeinado ou pasaralle coma a A caixa negra?.
A nivel municipal, onde se ten que dar o debate é nos plenos do Concello e nas distintas comisións, mais en Cabanas por imperativo de alcaldía primero derogouse o Reglamento de Funcionamento de Concello ("por que interrumpe na labor de goberno") e con eso os plenos pasaron a ser bimensuais, logo sen previo aviso a limitarse o tempo de intervención nos plenos a 10 minutos por voceiro (cando no segundo pleno se lle preguntou por cómo se ían a rexir os plenos, dixo que "no habrá problemas, el tiempo será el necesario para tratar los temas, para unos habrá que debatir más tiempo y en otros no"), e xa por último (éste con previo aviso) limitar as preguntas nos plenos a 5 preguntas e 3 rogos por voceiro e 3 preguntas e 1 rogo por concelleiro (cando no segundo pleno dixo que "se podrán hacer las preguntas que querais", e sobre esta cuestión presentouse unha pregunta no último pleno que viña a decir ¿cal é o motivo para limitar o nº de preguntas? ao que contestou "cambié de opinión"). Se todo esto non é suficiente, cando no turno de intervención se está a dar lustre pódese falar sen atrancos (o reloxio non corre) pero cando se entra en temas non gratos a parte de estar interrumpindo, tanto por parte da presidencia coma polos concelleiros de Goberno, o tempo corre que da gusto, e se non se corta a palabra, expúlsase ao concelleiro de turno (eso sí, ao terceiro aviso).
Ver para creer: acudir aos Plenos do Concello de Cabanas o último mércores dos meses impares, normalmente ás 19:30h. Tamén pode haber plenos extraordinarios, que dependendo do tema, día, interés, etc poden comenzar ás 8:00h.
Continuará...

Etiquetas: ,

lunes 11 de mayo de 2009

Pleno extraordinario CABANAS 13-05-09

Para este mércores día 13, hai convocado para as 19:30h no salón de plenos do Concello de Cabanas un pleno Extraordinario, coa seguinte orde do día
1º- Sorteo dos membros das mesas electorais
2º- Adhesión ao consorcio de turismo Eume-Ferrol-Ortegal
3º- Solicitude de subvención de servicios sociais
4º- Modificación do Proxecto de Acondicionamento das áreas infantís
5º- Aprobación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Cabanas
6º- Orzamento Municipal para o 2009
Un pleno extraordinario que chega despois dun mes de abril "a secas" e a 15 días do pleno ordinario do mes de maio,.....
O grupo de goberno segue a facer das súas.
Estades convidados a asistir ao desenvolvemento dun pleno que deseguro non terá desperdicio algún.
Ata o mércores 13 de maio no salón de plenos de Concello de Cabanas.

Etiquetas:

viernes 8 de mayo de 2009

A LEITE é a leche.

Despois dun tempo de non escribir nada, hoxe fágome eco do comentario de Mario Fernández Redondo, Vocal da Xunta de goberno do Colexio de Enxeñerios Técnicos Agrícolas de A Coruña, na sección de Opinión TRIBUNA de La Voz de Galicia.
Hai unha parte que xa foi tratada ampliamente, fai tempo, que era explicar o "desglose" do precio do leite no que se lle paga ao gandeiro, o transporte, o procesado, a distribución e logo a marxe comercial na liña de lácteos dos comercios.
E chéga a unha conclusión que non nos pode deixar indiferentes, e que este home, que non teño o placer de coñecer, resumíu perfectamente no título do seu comentario de opinión: "Aritmética y (mala) leche".
Xa o decía a compañeira Marisol Soneira na súa intervención política no Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE celebradro en Pontevedra: " o sector agro-gandeiro, e especialmente o lácteo está a sufrir unha crise, e se non se toman medidas arrastrará a moitos outros sectores".
E estou dacordo. E a Xunta de Galicia ten competencias e medios para reorientar o sector.
Só fai falla unha pregunta: ¿Cré o actual Conselleiro de Medio Rural nun sector agro-gandeiro potente?, ou ¿cré na autoregulación do sector?. Polo de agora cré no peche de explotacións,.......
Nos anos 1995-1997, se non me confundo, devolveuse unha importante cantidade de diñeiro da CEE para incentivar a producción ecolóxica, e gastáronse máis en incentivar o abandono da producción.
Volvo a facer a pregunta ¿Cremos nun sector primario forte?.
Eu sí. Mais entra temporal pola boca da ría.
Xa o decía o meu profesor de Hixiene e Inspección de Alimentos na Facultade de Veterinaria de Lugo: "Para la semana entramos en el tema de la LECHE, que es la leche".
A miña avoa foi leiteira, Teresa da Fontenova, e aínda hoxe me falan dela a xente que a coñeceu na ruta que facía dende Magalofes ata o peirao de Barallobre.

Etiquetas:

lunes 2 de marzo de 2009

O pobo falou

Foron as eleccións con máis participación de toda a historia da democracia en Galicia.
O PP acadou a maioría absoluta con 39 deputados, o PSOE 24 e o BNG 12, hai outras forzas que obtiveron os seus votos pero non alcanzaron para entrar con deputado no Parlamento da Xunta.
En Cabanas subeu a participación a un 66, 52% sendo os resultados:
P.P. 819 (43,24%); PSdeG-PSOE 590 (31,15%);
B.N.G. 315 (16,63%), TEGA 63 (3,33%);
UPyD 33 (1,74%); EU-IU 18 (0,95%)
Outros 17 (0,89%).
As anécdotas hainas, unha muller que se votou ao pescozo dunha interventora nosa insultándoa por que eramos os responsables de que seu fillo perdera unha pensión, ou aquel outro que se empeñaba en votar unha e outra vez el, logo polos seus pais, e logo polo seu avó, decindo que llo pediran (en fín, que aproveitarse das persoas con deficiencias só ten un nome: ser desalmado).
Noraboa e sorte ao PPdeG, non me gustou a aptitude de certas persoas do PP de Cabanas, que demostraron non estar á altura do cargo que representan (case me atrevo a decir ostentan), espero e desexo que non exista un afán de revanchismo aínda que vai a ser difícil, xa que van a contestar coas mesmas maniobras de algúns, e sexan capaces de saber manter os avances que se produciron.
Sigo crendo no ideario do PSdeG-PSOE, sigo crendo que o único contrato válido coa cidadanía é un programa electoral e o PSdeG-PSOE cumplíuno na súa maioría, sigo crendo que o proxecto é válido e con visión de futuro.
Por último, non me queda máis que agradecer ás persoas que confiaron o seu voto ao proxecto socialista, que sigan atentos a vida política por que os políticos somos e temos que ser a voz dos que nos votaron (polo que hai que sabelos escoitar) e que sigan atentos o PSdeG-PSOE por que non vai a deixar de traballar para que este mundo sexa mellor para TOD@S.

Etiquetas: ,

martes 17 de febrero de 2009

Por que non todo vale

Dende logo que na política non vale todo. E a maneira que ten a xente de a pé de entender a política difire moito de cómo se están desenrolando as cousas.
Este fin de semán estivo o Presidente Zapatero na Coruña e unha das moitas cousas que dixo foi que co Goberno de Touriño na Xunta de Galicia desapareceron os caciques dos despachos, e non queremos que volvan. Eses caciques e malversadores, que non quere ver Soraya Sainz de Santamaría, e que lles están aparecendo nas investigacións do xuiz Garzón alá pola comuninade de Madrid co Consejero de Deportes “dimitido” ¿por ter aceptado comisións?, ou pola Comunidade de Valencia co Conseller da Gobernación, que foi cambiando de Consellería pero non de empresa de servicios. Ou cando se escoitou a Zaplana decir que “estaba en política para forrarse”. ¿E por aquí?, por aquí xa houbo os seus rifirrafes no PP, cando foi a loita das boinas e birretes, cando un Conselleiro de Pesca acusaba a un Conselleiro de Obras Públicas de non sei qué ilícito, cousas parece que xa esquecidas (¿?), ou cando durante uns días houbo un encerro nun piso de Ourense de 5 deputados ourensáns do PP, para arranxar ¿o qué?. Eles sabrán, xa que daquela estaba Don Manuel, e este dixo que cando eso pasaba na súa época “actuaba” dándolle un coscorrón ou apartando á xente. Pero non a maneira de facer. E así saen os casos do Sr. Carrera, que esquece declarar 240.000€ (como se foran calderilla ou se non fose el quen foi a collelos aló a aquelas illas de nome tan suxerente), ou o informe desfavorable do Consello de Contas á xestión do Sr. Negreira.
E por que na política non vale todo, na democracia sí vale o voto. Un voto que non entra na furna é unha persoa que outorga o parabén. O parabén para o que está gobernando ou para o que pode ser alternativa, eso sí dependendo do nº de votos. E aquí xa podemos entrar na eterna discusión de que os votos das persoas de dereitas son máis fieis, e que os votos dos de esquerdas son máis críticos. Calquera das dúas opcións son válidas, por que son formas de actuar libres. Ainda que se cadra poderiamos falar dos carrexamentos de persoas para votar coa papeleta dada, (monxas de clausura, anciáns dos fogares de acollida,...), difícil de demostrar pero que chama moito a atención, ¿verdade?.
Si unha persoa de esquerdas é crítica coas persoas que representan a súa ideología, debe expresar dita crítica mediante a implicación nas actividades políticas e sociais (deportivas, culturais,...) para deixar plasmado o sentir.
E unha das primeiras críticas que ten que facerse un que dí ser de esquerdas é: si eu non vou a votar e eles sí van, ganan eles, ¿é eso o que eu quero?, ¿é eso o mellor para o futuro?. Somos tan críticos que queremos as cousas xa!!, pero hai que darse conta de que hai inercias que son tan fortes que levan o seu tempo parar e invertir. E 16 anos de goberno do PP na Xunta de Galicia estableceron unhas inercias que levou un importante esforzo e tempo en parar, e estou seguro que se a cidadanía o poidese entender darianos outros catro anos para poder demostralo.
Polo tanto, para poder decir que non todo vale, que hai outra forma de facer política que chegue a máis xente, e que é a do PSdeG-PSOE, pídoche a ti que me estás a ler que reflexiones sobre esto. E se estás dacordo, a parte de votar PSdeG-PSOE, para que Touriño sexa Presidente con máis forza, convenzas coas palabras e a razón, non coa violencia nin a coacción nin as mentiras, aos teus achegados. Esa é a verdadeira mobilización.
VOTA PSdeG-PSOE

Para que eles non volten

Etiquetas: ,